jueves, 19 de mayo de 2016
SILLA
Este é o meu proxecto do deseño da silla e decidín facer unha silla de xardín. En principio, en relación co seu peso, sería para estar exposta no exterior todo o ano.
O pé máis o tubo que sube será de aceiro inoxidable, un material que é resistente á auga e que aguanta os cambios climatolóxicos en Galicia. Púxenlle unha barra entre o tubo de arriba é o vertical para facer de reforzo co peso da propia silla, así como tamén os reforzos en forma de triángulos rectángulos suxeitando o tubo vertical co pé onde vai colocado. Tanto o pé como o tubo, por dentro van recheos de area para unha maior estabilidade á hora do uso do producto.
A silla vai cun material máis lixeiro, está feito de plástico de hinchables transparentes. Púxenlle unha válvula na parte superior porque a silla por dentro estará rechea dunhas bolas de diversas cores (por iso o do plástico transparente), que o sumerxelas en auga aumentan o seu tamaño e así podríase cubrir ata arriba, dando lugar á forma final do hinchable e a comodidade que nos proporcionan as bolas e a auga. No verán, co tema da calor, podríase meter auga fría, que o plástico ó non facer de aislante, pois pódenos refrescar mentres estamos expostos o sol. O coxín tendrá que ir dun material máis duro, tipo colchón, para que non se cerre de todo a estructura da silla cando nos sentemos nela. Así pois farémola por dentro de goma espuma reforzada con madeira no centro dándolle forma e como tapicería podemoslle poñer calquer tipo de telaxe que nos prefiramos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario