A miña caixa foi feita a través dunha caixa de zapatos (converse) que tiña pola casa. Abrina de todo e así foi como quedou.
Logo pasei o seguinte paso, reducir á escala 1:3, facendo de nova creación no programa Corel Draw o modelo da caixa desfeita para ter o molde que logo utilicei.
Despois de coller a mesma caixa desmontada, pousei o molde encima e cortei directamente cun cúter. Logo de eso, montei a caixa.
A caixa en principio sempre foi coa idea de facela para gardar as canas do óboe. Con corcho blanco fixen as medidas da parte inferior e superior da caixa cortando os sobrantes. Para facer os ocos para as canas foi medida pola misma que sae na foto e raspado o oco cunha cubia. A modo de tapicería puxenlle un papel de pegar con textura aterciopelada. Para reforzar a caixa e o seu diseño procedín a pegala con silicona quente, un material rápido de secar para acelerar máis o procedemento.




No hay comentarios:
Publicar un comentario