jueves, 19 de mayo de 2016

TAG CLOUD


SAFARI TIPOGRÁFICO




Esta tipografía paréceme correcta. As súas cores fai que teña un aire máis xuvenil e en todo o cartel só se amostra o mesmo tipo de letra.


Esta tipografía é correcta.En "sorpresa" as letras non estan correctamente alineadas senón que están algunhas algo interpostas da seguinte o que fai que atraia máis a un público infantil, e as súas cores tan chamativas fan a mesma labor. Tamén non se utilizan letras rectas, pois as formas curvas predominan.

A tipografía é correcta. Utilízase formas rectas como adactación de un público máis adulto. Aínda que a súa utilización me parece a correcta eu creo que lle cambiaría o grosor, faría unhas letras con maior peso para que destacase máis.


A tipografía da perfumería "Super" paréceme acertada. Non é nin unha letra elegante nin vulgar, pois combinan as dúas cousas. Utiliza letras rectas que é o que lle da o toque de elegancia e o estar separadas dalle o toque máis vulgar. O deseño da letra P non é correcto, tapa parte da letra.


Un uso correcto. Esta tipografía recórdanos ós antecedentes galegos, ós celtas. Tamén podemos concluír que hai unha certa influencia ca popular tipografía de Sargadelos.


A tipografía é correcta. É o nome dun medicamento que cas súas letras rectas dinos que está claramente dirixido a persoas adultas.

ARTE URBANO




CALIGRAMA DINTORNO


CALIGRAMA CONTORNO


CARTEL ÉXODO


PACKAGING

A miña caixa foi feita a través dunha caixa de zapatos (converse) que tiña pola casa. Abrina de todo e así foi como quedou.

Logo pasei o seguinte paso, reducir á escala 1:3, facendo de nova creación no programa Corel Draw o modelo da caixa desfeita para ter o molde que logo utilicei.
Despois de coller a mesma caixa desmontada, pousei o molde encima e cortei directamente cun cúter. Logo de eso, montei a caixa.


A caixa en principio sempre foi coa idea de facela para gardar as canas do óboe. Con corcho blanco fixen as medidas da parte inferior e superior da caixa cortando os sobrantes. Para facer os ocos para as canas foi medida pola misma que sae na foto e raspado o oco cunha cubia. A modo de tapicería puxenlle un papel de pegar con textura aterciopelada. Para reforzar a caixa e o seu diseño procedín a pegala con silicona quente, un material rápido de secar para acelerar máis o procedemento.

LOGO


VECTORES






REVISTA


SILLA



Este é o meu proxecto do deseño da silla e decidín facer unha silla de xardín. En principio, en relación co seu peso, sería para estar exposta no exterior todo o ano.
O pé máis o tubo que sube será de aceiro inoxidable, un material que é resistente á auga e que aguanta os cambios climatolóxicos en Galicia. Púxenlle unha barra entre o tubo de arriba é o vertical para facer de reforzo co peso da propia silla, así como tamén os reforzos en forma de triángulos rectángulos suxeitando o tubo vertical co pé onde vai colocado. Tanto o pé como o tubo, por dentro van recheos de area para unha maior estabilidade á hora do uso do producto.
A silla vai cun material máis lixeiro, está feito de plástico de hinchables transparentes. Púxenlle unha válvula na parte superior porque a silla por dentro estará rechea dunhas bolas de diversas cores (por iso o do plástico transparente), que o sumerxelas en auga aumentan o seu tamaño e así podríase cubrir ata arriba, dando lugar á forma final do hinchable e a comodidade que nos proporcionan as bolas e a auga. No verán, co tema da calor, podríase meter auga fría, que o plástico ó non facer de aislante, pois pódenos refrescar mentres estamos expostos o sol. O coxín tendrá que ir dun material máis duro, tipo colchón, para que non se cerre de todo a estructura da silla cando nos sentemos nela. Así pois farémola por dentro de goma espuma reforzada con madeira no centro dándolle forma e como tapicería podemoslle poñer calquer tipo de telaxe que nos prefiramos.